Resóns
De qué va este platillo
RESÓNS. Ametencias do corazón é, iso, unha obra de intención romántica, de respecto aos maiores, apego a familia e canto a natureza, en especial á do Páramo natal do autor. Óllase ben fácil a loa á tenrura das xentes coas que conviviu en longos intres de gozoso comportar e o desexo dun mellor facer dos non tan axeitados. Amosa un constante ceibar de experiencias, sentimentos, preocupacións e un cabalgar entre o que é, e o que debera ser. Intenta lograr unha obra sinxela, sincera e con mensaxe, ó estilo das autoeditadas Pensares e Sucederes, Xocosidades e Costumes e Sentires, nas que procura sempre aportar algo que te faga relembrar ou dar unha segunda vida ao que expón e, si acaso, rexeitar o que non debera acaecer e de finalidade nociva, asemade que se note o agradecer, a estima e o corresponder con quen lle ceibou cariño.
La receta
| Editorial | Grupo Editorial Círculo Rojo SL |
|---|---|
| Materia (Thema) | Ficción moderna y contemporánea: literaria y general |
| ISBN | 9788411157773 |
| Idioma | Gallego |
| Año | 2022 |
| Origen | España |
| Páginas | 110 |
| Tamaño | 15 × 21 cm |
| Peso | 200 g |
| Disponibilidad | En mesa |