Renata, a miña nefróloga
De qué va este platillo
Todo o mundo sabe o que é un cardiólogo (médico do corazón) ou un pediatra (médico dos nenos), pero poucas persoas, mesmo os adultos, saben realmente o que é un nefrólogo (médico do ril). Mesmo cando o escribimos enGoogle, o corrector cámbianos a palabra por neurólogo (médico do sistema nervioso).Neste libro, da man de Renata, unha simpática nefróloga, e coas preguntas da curiosa Martiña adentrarémonos no mundo de dous órganos con forma de faba que son fundamentais para a nosa vida: os riles. Coñeceremos que son,onde están, para que serven, que pasa cando deixan de funcionar, que síntomas producen e, o que é máis importante, como saber cando están enfermos e que debemos facer para evitarmos que empeoren ou enfermen.
La receta
| Editorial | Grupo Editorial Círculo Rojo SL |
|---|---|
| Materia (Thema) | Cuentos, Historias cortas |
| ISBN | 9788411899857 |
| Idioma | Gallego |
| Año | 2023 |
| Origen | España |
| Páginas | 28 |
| Tamaño | 17 × 24 cm |
| Peso | 86 g |
| Disponibilidad | En mesa |